RGPD - Cookies
Comarcas

Tui terá un albergue provisional para os seus peregrinos

Serán 24 novas camas e 50 colchonetas no convento de Santo Domingo. O concello de Tui acaba de asinar un convenio coa Xunta para pór en marcha novas instalacións provisionais para os peregrinos de Pontevedra e que na vila tudense traducirase en dous acordos de 25.000 e 60.000 euros cos que tamén dotar de mobiliario as instalacións.

Deste xeito se pretende garantir o aloxamento nas épocas de maior afluencia de camiñantes nos puntos máis significativos das rutas. En Tui, as novas prazas sumaranse ás 36 xa existentes no albergue da rúa Párroco Rodríguez Vázquez, co que a vila terá un total de 110 prazas para acoller aos peregrinos. Sen embargo, para os grupos numerosos que se espera que pasen polo concello, como o previsto de 600 peregrinos procedentes das dióceses de Cataluña, habilitaranse os pavillóns polideportivos municipais.

También te puede interesar