_agenda Agenda

Narración oral da man dos hondureños Bambú no Miteu

A XII Mostra de Teatro Universitario do Campus de Vigo, o Miteu, continúa esta tarde co seu programa en busca de ser un espazo de encontro, intercambio e diálogo. Esta tarde (18:30 h) o turno é do Grupo Bambú, que chega desde Honduras da man de Edgar Valeriano e Leonardo Montes de Oca coa súa obra ‘Historias y más historias’.

É un espectáculo de narración oral escénica, baseado nunha recompilación de diferentes autores e historias de Latinoamérica. Hai homes que toman as historias e dan as súas vidas para ir de pobo en pobo contado tristezas e repartindo alegrías. Vémolos pasar sen saber quen son, ou os vemos vir e énchennos de satisfacción ao saber que coa súa chegada, chegan historias doutros pobos.

Tamén sabemos que cando se marchen nos levarán coas súas historias. Ás veces quixésemos que nunca deixasen de relatar historias, que son as nosas historias. Vémolos nas prazas, nos campos de cultivo baixo a sombra dunha árbore, ás veces nos teatros, nos comedores, no camiño real, nas cantinas, ou no atrio dunha igrexa. Aí pódense escoitar as risas, mirar os rostros calados e atentos de nenos e nenas, mozos, adultos e anciáns. Eses seres máxicos que nos enchen de imaxinación e nos provocan soños, non son outros que os contacontos.

También te puede interesar