Galicia

Poco máis dun accidente por hora nas estradas galegas

Fin de semana tranquila nas estradas galegas. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tiveron que acudir á chamada de 65 accidentes de tráfico no que houbo 89 feridos e ningún morto, unha cifra inferior á habitual. O venres foi a xornada máis chea de incidentes, con 25 sinistros, o 38,4 por cento dos producidos a fin de semana.

Pontevedra foi a provincia na que máis saídas fixo o 061, con 32 accidentes, poco máis do 49 por cento do total. Séguelle A Coruña (24 sinistros), Ourense (5) e Lugo (4). O 51 por cento dos atendidos foron homes e o 36 por cento tiña entre 15 e 29 anos. En total, 72 dos feridos foron trasladados a centros hospitalarios, 4  a centros de saúde e 13 foron atendidos no lugar do accidente.

Os últimos dous feridos, en Valga

O último sinistro desta fin de semana prodúxose pasadas as 23 horas desta noite en Valga, onde o choque entre dous vehículos acabou cun deles empotrado contra unha casa, provocando cuantiosos danos materiales. O accidente acabou cun menor e un rapaz de 19 anos feridos.

También te puede interesar