Cultura Vigo al minuto

Caixanova premia aos músicos vigueses

Canto, violín, clarinete e saxo son os premiados no III Certame de Interpretación Musical 2009 outorgados pola Xunta e Caixanova nos que se premia o esforzo dos rapaces e se favorece a excelencia musical do alumnado que obtén o seu título nos conservatorios superiores de música de Galicia cunha cualificación de sobresaínte ou matrícula de honra.

O primeiro premio nesta ocasión foi a parar a Nuria Lorenzo López, estudante de canto no conservatorio superior de Vigo. O segundo e terceiro galardón foron para o violinista Javier Guzmán Figueira Domínguez e o clarinete Óscar González Estévez, de Vigo e A Coruña, respectivamente. Ademais, recibiron unha mención de honra o estudante de saxofón Alexandre Gallego Medal e de violín Fabio Salgado Hermida. Entre todos os galardonados repartíronse 16.000 euros.

También te puede interesar