Deportes Galicia

Vigo, máis presente que nunca na Gala do Deporte

Chano Rodríguez, mellor deportista discapacitado na Gala do Deporte 2010.
Chano Rodríguez, mellor deportista discapacitado na Gala do Deporte 2010.

E  non só porque acolla a gala que se celebrará o vindeiro 22 de abril no Centro Cultural Caixanova (20 h), senón porque dos 16 atletas profesionais, equipos, entidades e institucións vinculados ao mundo do deporte premiados nun evento presidido por Alberto Núñez Feijóo, gran parte ou son de Vigo ou están vinculados á cidade.

O xurado analizou currículums de altísimo nivel para valorar o rendemento dos profesionais do deporte e os niveis de éxito acadados polos clubes galegos. Deste xeito, a xogadora viguesa de balonmán, Begoña Fernández, a millor pivote mundial, leva o premio á mellor deportista feminina polo seu tesón e afán de superación. Pola súa parte, o palista de Cangas Carlos Pérez, ouro en Pekín, leva o galardón como mellor deportista masculino.

O arousán de 21 anos Raúl Bouzas, taekwondista e campión de Europa sub-21, recollerá o premio ao mellor deportista revelación. Victoria González, prata no Campionato de Espala de esquí adaptado, e Chano Rodríguez, por marcarse e conseguir retos só ao alcance dos heroes, son os mellores deportistas discapacitados feminino e masculino.

O coruñés Liceo de Hockey patines consegue a mención como mellor equipo masculino por estar na élite deportiva e por quedarse ás portas de ser tricampeón ao quedar segundo na Liga. Como mellor equipo feminino, Trainera Rías Baixas, gañador en a Concha por segundo ano e campionas da Liga ACT e da Liga Galega. O Amfiv, sede da fase final da André Wergauwen Cup, mellor equipo discapacitado.

Fran Teixeira é recoñecido como mellor adestrador e María Jesús Llevot como mellor árbitro. O Divino Maestro de Ourense recollerá o galardón como mellor centro educativo, o Club Baloncesto A Coruña como mellor entidade de promoción de base, o Diario de Pontevedra á mellor labor informativa, o Patín Classic Surf ao mellor evento deportivo e Pescanova ao mellor patrocinador. O mellor concello, o de Lourenzá polos seus programas con escolas deportivas.

También te puede interesar