Deportes Vigo al minuto

Os XIV Xogos autonómicos de Baloncesto reunirá a máis de 360 deportistas discapacitados

En total, máis de 500 persoas, dos que 366 son atletas de Special Olympics Galicia con algún tipo de discapacidade intelectual, teñen unha cita no pavillón das Travesas o vindeiro domingo 18 de abril para participar nos XIV Xogos Autonómicos de Baloncesto Vigo 2010, unha iniciativa que busca normalizar a vida destas persoas. A meta non é acadar méritos deportivos, senón capacidades motóricas mediante a práctica de deporte terapéutico.

Despois dun desfile como nas Olimpiadas, ás 10:45 horas terá lugar a inauguración oficial. Ás 12 horas comezará a actividade deportiva organizada en niveis tendo en conta a igualdade de oportunidades e, a clausura, será ás 19 horas.

También te puede interesar