Agenda Comarcas

Os alumnos de As Neves aprenden a vivir sen cadeira de rodas

A charla comezou ás 11 horas. Fotos: Tresyuno Comunicación.
A charla comezou ás 11 horas. Fotos: Tresyuno Comunicación.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade pasa esta mañá cos alumos de 3º e 4º de ESO do Instituto Pazo da Merced de As Neves para ofrecerlles unha charla informativa sobre a prevención de lesións medulares.

Foto: Tresyuno Comunicación.
Foto: Tresyuno Comunicación.

A charla da traballadora social Ángela Labandeira estivo apoiada en Fabián de Saa, un rapaz que relatou en primeira persoa a súa experiencia persoal: sufre unha lesión medular a raíz dun accidente de tráfico.

Durante as dúas intervencións tratáronse temas como a descrición das secuelas da lesión, cómo asumilas e superalas, a descrición de barreiras arquitectónicas e sociais… Sempre coa finalidade de lograr que os rapaces se decaten da importancia que ten a prevención para evitar situación similares. Todo para intentar contribuir á paulatina redución dos índices de discapacidade na poboacion xeral e concienciar aos grupos de risco das situacións de perigo máis evidentes: accidented domésticos, caídas, mergullos…

También te puede interesar