Vigo al minuto

Moita merda para o novo auditorio municipal

O novo auditorio mellora a acústica e a iluminación e aumenta a superficie escénica
O novo auditorio mellora a acústica e a iluminación e aumenta a superficie escénica

O novo auditorio municipal, ubicado no Concello, estará rematado o mes que ven e acollerá as primeriras actuacións en xuño. Eso asegurou hoxe o tenente de alcalde durante a visita ás obras do mesmo nas que,lembrou, investironse 1.400.000 €.

Dende agora pódese ver o escenario dende toda a platea”, salientou Santiago Domínguez, mellorouse a acústica, o son, engadíronse camerinos e melloraronse os vestiarios, instaláronse taquillas e, o que é más importante “mantívose o mesmo número de butacas: 360, co cal o aforo segue a ser o mesmo”.

Domínguez adiantou que dende setembro haberá “actuacións prácticamente a diario”,dende cine a teatro, pasando por funcións de colexios ou poesía, “o que nos permitirá ter unha programación cultural estable durante todo o ano”. Ademáis, nos vindeiros días, a Concellería de Cultura pedirá o ingreso do mesmo na Rede Europea de Teatro, o que permitirá a chegada de montaxes de calidade.

También te puede interesar