Deportes Vigo al día

Tres campións internacionais no Racingshow 2010

Timo Salonen, Miki Biasion e Armindo Araujos serán as caras do Racingshow 2010, que se celebrará o 1 de maio no Ifevi dentro do Salón do Automóbil de Vigo. Estes tres campións internacionais serán o reclamo da cuarta edición dun evento con moitas novidades, como un trazado exterior que amplía o percorrido para que os coches poidan ofrecer o mellor espectáculo e con gradas para seguir a proba nesa parte do circuito.

Pola mañá será a quenda dos adestramentos, mentres que pola tarde o será das roldas de clasificación, a presentación dos pilotos e a final e superfinal da carreira de campións. Se queres xa podes mercar a túa entrada en Servinova por entre 15 e 20 euros, dependendo da data na que as reserves. E se non queres subir, ó menos poderás seguir a competición pola TVG, aínda que cunha hora de retardo.

Ademáis, celebrarase un concurso a través dun servizo de sms no que se sorteará que dous afeccionados poidan ir de copiloto na final da carreira.

También te puede interesar