Vigo al minuto

A concelleira de Facenda salienta que a inversión de 2010 duplica á de 2009

Raquel Díaz/Tresyuno ComunicaciónA concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, definíu hoxe o orzamento municipal para 2010 como “o máis inversor, social e educativo da historia desta cidade“, cun total de 257 millóns de euros.No tocante aos investimentos, estes ascenden este ano a 47,3 millóns de euros, case o dobre que en 2009, e catro veces máis do orzamentado en 2005, con 16,3 millóns. Díaz resaltou que trátanse dun documento “inversor e xerador de emprego”, no que, ademáis, o departamento de Promoción Económica e Emprego alza as súas contas nun 30% sobre 2009.

Sobre o social, a concelleira destacou o incremento nas axudas, subvencións e becas ás familias en 2,1 millóns de euros máis, un 13% de incremento, ata os 18,9% consignados. A Concellería de Benestar Social experimenta un ascenso do 41,5% no seu orzamento,datos que avalan a nosa aposto polo social“, subliñou Díaz.

A partida de Educación sube un 15,51% con respecto a 2009, e, sólo en becas de inglés, a cifra pasa dos 300.000 euros do pasado exercizo aos 700.000 deste ano. Ademais, “duplícanse as becas para comedores escolares“.

“Ningún barrio da cidade vaise quedar sen actuacións”, apuntou a concelleira, polo que todas as concellerías ven incrementos os seus números. Díaz subliñou a “principal preocupación” do executivo municipal de “continuar transformando a cidade”, para o que Vías e Obras recibe un 47% este ano sobre o 2009 e manexará case 16 millóns só en investimentos. Ademais, a partida para Parques e Xardíns sube a 4,2 millóns, e Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico aproximanse aos 3 millóns cada unha.

Plan Económico Financeiro
Xunto co orzamento, o pleno da Corporación municipal do pasado venres aprobou o Plan Económico Financeiro do Concello ata 2012, un documento que recolle “todos os compromisos que asume este goberno para os próximos dous anos“, e que Díaz resumiu en dez puntos.

O PEF obriga á elaboración do orzamento municipal de 2011, compromete “investimentos para a cidade de 100 millóns de euros” nos próximos anos, “seguir transformando toda a cidade con humanizacións en todos os puntos da mesma“, “austeridade no gasto público“, seguir apostando polo “gasto social”, xeración de emprego, Díaz cifrou en 5.000 postos de traballo grazas aos investimentos, “non vai haber nin unha subida de impostos” nos próximos anos, reducirase a carga fiscal para a cidadanía viguesa e, por último, “manter a boa saúde financeira do Concello“, para o que o endebedamento será cero á finalización do Plan Económico Financeiro.

A concelleira fixo especial fincapé nesta última cuestión e salientou que, co Plan pendente de validación pola Xunta de Galicia, a cidade percibirá 100 millóns de euros en investimentos, sen tributar máis e cunha reducción da carga anual do Concello con respecto a 2007 do 60%. “Despois de 100 millóns de euros o nivel de endebedamento estará por debaixo do de 2007″.

A edil recordou que a carga fiscal do Concello de Vigo “é a máis baixa de toda Galicia”, compromiso que o goberno local prevé manter grazas á conxelación de impostos para o próximo ano.

 

 

 

 

 

También te puede interesar