Destacados Vigo al minuto

Traballadoras da limpeza do CEIP de Panxón, encerradas na Xunta

O encerro durou pouco: foron recibidas pola xefa de Relacións Laborais da Xunta e xa convocaron unha reunión coa ‘superdelegada‘, Lucía Molares, probablemente para mañá. Traballadoras da limpeza do colexio de Panxón e representantes sindicales encerráronse hoxe na segunda pranta da Xunta para intentar buscar unha solución á súa situación laboral.

Seis traballadores (cinco mulleres e un home), todos entre 45 e 64 anos, están agora na rúa despois de 23 anos de traballo tras un cambio de contrata na limpeza do colexio que de repente a Xunta cancelou para aforrar cartos. O Goberno autonómico cambiou en xaneiro tras concurso a contrata de limpeza do centro escolar, que ata o momento viña desempeñando Limpezas Germania, aínda que co acordo de esta última estaría dous meses máis, ata a incorporación de Limpezas Linorsa, a nova concesionaria.

Nembargantes, en febreiro a Xunta “cambiou de parecer”, decidiu non privatizar o servizo e rescindiron o contrato destes traballadores para ocupar o posto camareiras-traballadoras da propia Xunta. A CIG denuncia que moitas destas empregadas están a punto de xubilarse, que están nunha situación complicada por ser fixas discontinuas e que ao non ter os dous anos de paro terán que solicitar a axuda para maiores de 50 anos, o que “sairá máis caro á Xunta que deixalas ata que se xubilen, sobre todo tendo en conta que as traballadoras que agora ocupan o seu lugar tamén están a piques de pedir a xubilación“.

Mentres non acadan algunha solución, traballadoras e representantes sindicales manifestaránse todos os días diante da porta da delegación da Xunta dende as 11 horas para reivindicar os seus dereitos.

También te puede interesar