RGPD - Cookies
Deportes Vigo al día

Pistoletazo de saía á Copa Deputación de Balonmán

Cun orzamento de 35.000 euros e un pago fixo aos equipos participantes de 1.100 euros por partido disputado, a primeira fase da III Copa Deputación de Pontevedra comeza este venres 17 de abril en Mos con todos os equipos de Primeira Nacional, a excepción do Novás, que quedou exento por ser o primeiro clasificado desta liga.

Esta fase arrincará no pavillón Óscar Pereiro de Mos ás 16:30 horas cun partido entre o Bm. Lalín en o Bm. Porriño. Seguiralle o partido entre El Canario Bm. Chapela e o Gaeva 2000 Bueu At. ás 18:15 horas e o do Peguform S.A.R contra o Cisne ás 20 horas. A segunda fase terá lugar en O Porriño os días 1 e 2 de maio e na mesma participarán os gañadores da primeira rolda xunto ao Novás.

Xa na terceira fase participarían o gañador da segunda fase xunto aos equipos de Asobal, Frigoríficos do Morrazo e Pilotes Posada, e o Teucro, da División de Prata, que é o que pode forzar o cambio do calendario, xa que ten posibilidades de disputar a fase de ascenso á Asobal.

También te puede interesar