RGPD - Cookies
Vigo al día

Empezan os cortes de tráfico en Areal que durarán ate abril de 2011

Obras Vigo/Tresyuno ComunicaciónA rúa Areal e as rúas do seu entorno sufrirán a partir de hoxe unha restricción de tráfico por mor dos traballos de construcción do aparcadoiro soterrado.A concellería de Mobilidade, advirte que o treito que vai desde República Arxentina ata Inés Pérez de Ceta da rúa Areal estará pechada en ámbolos dous sentidos, con aceso exclusivo para garaxes.

A medida comenzará a aplicarse dende ás 10:00 horas e por un periodo aproximado dun ano pero, en calquera caso, desde a concellería recoméndanse varios desvíos que estarán debidamente sinalizados.

Deste xeito o tráfico procedente de Concepción Arenal poderá desviarse polas rúas Pontevedra, Rosalía de Castro e República Arxentina para volver a desembocar na rúa Areal. Outro dos itinerarios recomendados refírese ao tráfico procedente de Isaac Peral e Areal que poderá circular polas rúas Canceleiro ou Oporto para seguir despóis por Rosalía de Castro e Inés Pérez de Ceta.

Mentres duren os traballos varias rúas permanecerán con sentido único, como son a rúa Pontevedra, entre Areal e Rosalía de Castro, que pasará a ser de sentido ascendente cara a Rosalía de Castro. Pola súa banda Inés Péres de Ceta pasará a ser de sentido descendente cara a Areal. A rúa Rosalía de Castro, entre Pontevedra e Inés Pérez de Ceta manterá sentido único de cara a ésta última.

 

También te puede interesar