Deportes Vigo al minuto

O Universidade de xadrez, campión de Liga

Jaime García Bernárdez, xogador do Universidade de xadrez.
Jaime García Bernárdez, xogador do Universidade de xadrez.

Aínda falta unha xornada para o remate da competición, o Universidade de Vigo de xadrez xa é campión da Liga Galega tras facer esta semana un dos mellores encontros da tempada. O 5.5-0.5 en casa ante o Alexandre Bóveda permítelles estar matematicamente clasificados e xogar relaxados ane o Karpov A.

O encontro comezou cos vigueses ao máximo nivel, que se quedaron cun empate da man de Manuel Pena e a vitoria do resto dos xogadores do equipo. Grazas a este resultado o Universidade de Vigo faise por terceiro ano consecutivo coa Liga Galega, unha vitoria moral importante sobre o Marcote A, o equipo de máis alto orzamento de Galicia, un dos mellores equipos a nivel nacional e cunha nómina de Grandes Mestres Internacionais de altísimo nivel.

O sábado e na casa os universitarios porán o peche definitivo á Liga ante o Karpov A, que loita pola cuarta praza e, no caso de acala, podería ser o rival do Universidade na semifinal da Final a Catro para obter o título de Campión Galego 2010.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.