RGPD - Cookies
Galicia

Máis dun centenar de feridos, balance das estradas galegas

Máis de 80 accidentes e 102 feridos é o balance deste fin de semana nas estradas galegas. O maior número de sinistros produciuse o venres, con máis do 38 por cento dos accidentes. E, por provincias, A Coruña foi a que máis incidencias rexistrou durante os desprazamentos, con 40 accidentes (49,3%).

Unha vez máis, a maioría dos feridos resultaron ser homes (62%) e ter entre 20 e 29 anos (34%). En 95 ocasións os feridos foron trasladados a centros hospitalarios, en 3 a un centro de saúde e catro foron atendidas no mesmo lugar do accidente.

También te puede interesar