Vigo al minuto

Empezan as humanizacións de Valadares a a rúa Xílgaro

Humanizacións Vigo/Tresyuno ComunicaciónA Xunta Local de Goberno do Concello aprobou hoxe os plans de seguridade e saúde de sendas melloras en Valadares e o Calvario por un importe próximo aos 400.000 €, trátase do derradeiro trámite administrativo para ampliar a rede de saneamento de Valadares, proxecto que inclúe a construcción de beirarrúas no entorno da igrexa da parroquia viguesa. O investimento municipal nestas actuacións ascede a 87.000 €.

Por outra banda, o goberno vigués deu o visto bo aos traballos de construcción das novas beirarrúas da rúa Xílgaro, no Calvario, cun orzamento próximo aos 300.000 €. Ambas melloras forman parte das partidas reservadas polo Concello para reformar o rural vigués, máis de vinte actuacións que suman investimentos municipais por valor duns seis millóns de euros.

Manuel Álvarez
Tal e como se anunciou a semán pasada, o goberno local tamén ratificou o plan de residuos da humanización da Manuel Álvarez, que xa está en obras. A aprobación establece os requisitos medioambientais duns traballos que custarán case 5,2 millóns de euros.

También te puede interesar