RGPD - Cookies
Galicia

Se queres saber máis sobre saúde, anótate

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns acaba de abrir o periodo de inscrición para participar nas diversas actividades formativas que se celebrarán nos meses de maio e xuño. Estos obradoiros estarán relacionados con temáticas como o envellecemento activo e saudable, a formación de voluntariado, a prevención de violencia de xénero, o apoio a coidadores de dependentes ou a coidados paliativos. Os cursos son gratuitos e están dirixidos a voluntarios, coidadores e cidadáns, dependendo da temática. Se estás interesado anótate na web do Servizo Galego de Saúde.

Foro on line

E se non queres saír da casa, nos próximos meses estará en marcha o programa ‘O experto responde’, un foro virtual onde especialistas en determinados temas contestarán on line e de xeito inmediato ás preguntas que se lle envíen. A primeira quenda, o vindeiro 31 de maio (de 18 a 20 horas), estará adicada á celiaquía e nela participarán a xefa de sección de Gastroenteroloxía pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Pilar Pavón Relinchón, e a presidenta da Asociación de Celíacos de Galicia, Mª Teresa García Fernández. O 30 de xuño realizarase outra sobre o cancro de pel e a radiación solar e a principios de setembro farase unha terceira sobre epilepsia.

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns configúrase como unha rede de xestión de coñecemento entre profesionais, pacientes, cidadáns, xestores sanitarios e expertos en procesos de saúde e de enfermidade. É, ademais, un lugar de encontro onde verter e compartir experiencias que axuden e guíen ás persoas nos procesos de enfermidade e na promoción da saúde.

También te puede interesar