Galicia

O Xacobeo métese entre a flema inglesa

Williamson Square, el Liverpool.
Williamson Square, el Liverpool.

A Consellería de Cultura e Turismo promociona estos días Galicia e o Camiño de Santiago como destino turístico nas cidades británicas de Liverpool e Edimbirgo. Será a través do ‘A taste of Spain’, organizado por Turespaña para a difusión dos valores turísticos e culturais españois na illa de Gordon Brown.

Hoxe e mañá, Turgalicia disporá dun stand promocional en Williamson Square (Liverpool) na que se desenvolverán distintas actividades de promoción, como a actuación do grupo musical galego ISGA Collective ou degustacións gastronómicas. Todo isto xunto a información para viaxar a Galicia, para realizar o Camiño de Santiago ou para desfrutar dos eventos do Xacobeo 2010. A campaña desprazarase a Edimburgo o 24 e 25 de xuño, neste caso coa actuación do grupo Bonovo.

Inglaterra é un dos mercados internacionais preferentes para o turismo galego, xa que o ano pasado foi o que máis turistas traeu á comunidade galega tras Portugal.

También te puede interesar