_agenda Agenda

Loita contra o decretazo a golpe de música

A plataforma Queremos Galego segue a organizar numerosos actos para amosar a súa disconformidade co decreto do plurilingüismo proposto pola Xunta. E agora queren dicilo cantando: o recinto ferial de Pontevedra acollerá o 17 de abril (19:30 horas) un festival de música no que participarán 15 artistas galegos que utilizan este idioma “para ir polo mundo”.

No cartaz figuran músicos da relevancia de Berrogüetto, Luar na lubre, Ruxe-Ruxe, Fía na Roca, Uxía Senlle, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Os Carunchos, Espido e a Asociación de Gaiteiros Galegos. As entradas están á venta na web, en distintos puntos de Galicia ou na propia taquilla por entre 10 e 12 euros.

También te puede interesar