_agenda Agenda

Contos dende o berce en Redondela

O mellor para que se vaian facendo á lectura e contarlles contos desde ben cativos, mellor se é no propio berce. Por iso, a actriz e contacontos Charo Pita ofrecerá esta tarde (18:30 horas) na Sala Infantil da Biblioteca de Redondela o seu espectáculo “Fábulas no berce”.

Dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados polos seus pais, con este espectáculo Pita trata de introducir aos máis pequenos no universo das palabras a través de relatos sinxelos, ritmos e cancións. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que deberás inscribirte nas dependencias da Biblioteca, no primeiro andar do edificio Multiusos da Xunqueira, ou chamado ao 986 40 15 61.

También te puede interesar