Cultura Vigo al minuto

Vigo sae a escena con case 100 actuacións

Vigo terá máis bambalinas e humor ca nunca. O ‘Vigo a Escena 2010’ chega con 98 representacións de 23 compañías teatrais baixo o brazo, integrando de xeito paralelo as compañías profesionais e as afeccionadas, unha vella demanda do sector. As actuacións por barrios e parroquias da cidade correrán a cargo de 13 compañías profesionais que farán 6 actuacións cada unha delas e por 10 afeccionadas, con dous actuacións por agrupación.

Aínda que nesta ocasión as agrupacións afeccionadas foron invitadas, o vindeiro ano farase un certame en outubro cun xurado que será o encargado de decidir a participación das compañías no programa do 2011. Con espectáculos maioritariamente de humor, faranse representación nos auditorios da asociacións veciñais, no Conservatorio Superior de Música, no IES Santa Irene e no IES Audiovisual de Bouzas. E a primeira representación será este fin de semana en Coia, Candeán, Oia e Navia.

También te puede interesar