_agenda Agenda

Os nenos de Tui festexan San Telmo

Unha escena de 'Corazón de tinta'.
Unha escena de 'Corazón de tinta'.

A festa do patrono de Tui, San Telmo, ten que celebrarse entre todos os tudenses, o que inclúe aos máis pequerrechos da casa. Por iso, hoxe o día está dedicado aos nenos. As actividades comezarán ás 11:30 horas no Claustro da Catedral cun concurso de debuxo do que se entregarán os premios o vindeiro 9 de abril no karaoke infantil que se organizará no Paseo da Corredoira.

Xa pola tarde, ás 16:30 horas, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica celebrarase a ‘VI Semana de Cine Infantil’ coa proxección da película ‘Corazón de tinta’, basada na novela de Cornelia Funke e na que un pai e a súa filla teñen un peculiar talento: conseguir que os personaxes dos libros cobren vida só con ler en alto.

Para rematar a xornada, ás 21 horas o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui porá en escena a obra teatral ‘A Herdanza’ no teatro municipal.

También te puede interesar