Cultura Vigo al minuto

Galicia, mon amour

A Biblioteca Nacional de París terá unha sección de literatura infantil e xuvenil en galego que se encherá con fondos bibliográficos cedidos polo Concello de Vigo e cos libros aportados polas diferentes editoriais de Galicia, que se inaugurará en breve e que servirá para “prestixiar a nosa lingua, a nosa creación literaria e para difundir a nosa cidade”.

A iniciativa parte do Clube de lectura de francés da Biblioteca Central, que dirixe Marie-Isabelle Prado, e que se puxo en contacto coa Biblioteca Nacional de París para facer unha visitas ás súas instalacións. A sorpresa, que o centro parisino mostrara moito interese en crear unha sección en galego. Algo que demostra que o noso galego é “unha lingua universal”.

También te puede interesar