RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Demostrado: as Rías Baixas son ricas por natureza

As catas de viño, un dos atractivos.
As catas de viño, un dos atractivos.

Ese é o eslogan baixo o que Turismo Rías Baixas realizará accións de márketing directo, como degustacións por 14 cidades españolas e lusas, e publicidade en soportes tradicionais para promocionar a zona con dous productos por bandeira: as conservas e o albariño. Da man de Anfaco e do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, que aglutinan ata 220 empresas conserveiras e 200 bodegas, reforzarase o coñecemento das Rías Baixas como destino turístico de calidade, promocionaranse os viños D.O. Rías Baixas e as conservas da provincia de Pontevedra.

Dirixida sobre todo aos turistas de proximidade, a aqueles que están a menos de 4 horas en coche, tras a proxección dun vídeo sobre os recursos turísticos e gastronómicos das Rías Baixas farase unha degustación de viños, conservas de pescado e marisco, empanada galega e pulpo. En total 600.000 euros que tamén irán destinados a soportes tradicionais, como cuñas en radios ou vallas publicitarias.


También te puede interesar