Vigo al minuto

Vigo deseña a escola do futuro

O profesor Luis Anido lidera o grupo vigués de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos.
O profesor Luis Anido lidera o grupo vigués de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos.

D. Besadío/ Definir cales van ser as tecnoloxías que se van a utilizar nas escolas do futuro e darlle soporte tecnolóxico é o obxectivo dun proxecto de investigación ao que a Unión Europea dedicará nos vindeiros 4 anos case 10 millóns de euros. Para conseguilo reuniu aos máis relevantes grupos de investigación europeos en aprendizaxe electrónico, un total de 26 agrupacións entre as que só se atopa un equipo español, o grupo da ETSE de Telecomunicación Enxeñaría de Sistemas Telemáticos da Universidade de Vigo, liderado polo profesor Luis Anido.

Un programa altamente competitivo no que a taxa de aprobación de solicitudes non chega ao 2,3% e que está liderado pola European SchoolNet, unha asociación belga que engloba a todos os ministerios de educación europeos. Baixo o nome iTEC (‘innovative Technologies for the Engaging Classroom’) botará a andar no mes de setembro deste mesmo ano e finalizará a finais de agosto 2014.

Cun orzamento de máis de medio millón de euros, a Universidade de Vigo lidera un dos 11 apartados de traballo. O seu cometido será dar soporte a todo o relacionado coas tecnoloxías da web semántica, unha serie de tecnoloxías que permiten que os propios ordenadores conectados a través de internet fagan razoamentos e obteñan deducións, dándolle así ás propias máquinas un grado de intelixencia maior.

Entre as ferramentas a desenvolver van desde os ‘googles waves’, a nova tendencia de Google para que as persoas interactúen en liña, ou temas relacionados cos taboleiros e mesas táctiles nas escolas. En definitiva, trátase de que o profesor só lle teña que dicir á ferramenta o tema sobre o que traballar e simplemente cunha descrición o sistema localiza os recursos máis axeitados a nivel global que poden dar soporte a esas experiencias educativas e, ademais, faino introducindo restricións coma o idioma no que deben estar eses recursos, o nivel de dificultade…

También te puede interesar