_agenda Agenda

O novo Coro Cidade de Vigo busca voces

Nace como complemento do programa ‘Vigo, un mar de corais’ co que se intenta promover a práctica musical entre os integrantes das diferentes corais da cidade. O novo Coro Cidade de Vigo verá en breve a luz, aínda que polo de agora o que busca son voces. Se queres probar sorte terás ata o 1 de maio para inscribirte nas probas que se celebrarán os días 7 e 8 de maio no Conservatorio Superior de Música.

Joám Trillo, responsable en 1987 da creación da Xove Orquestra de Galicia, será o director dun coro que terá a Teresa Novoa coma profesora de canto e a Preciosa Ucha como presidenta. O Coro estará posto en marcha como moi tarde en outubro e ocupará un espazo “moi distinto” ao que ocupan o resto de coros da cidade, que realizan “un gran labor social”.

Estará integrado por membros que poidan cantar as pezas “máis esixentes” da musica clásica, como as de Bach, Beethoven e Stravinski, pero tamén que saiban recuperar aos compositores galegos tanto clásicos como actuais. Os membros poderán adquirir coñecementos técnicos e musicais dentro da organización e os que xa os teñan podereán perfeccionalos.

A idea é partir dun coro de cámara, cun número reducido pero cunha base suficiente para desenvolver o ambicioso programa. O coro será semiprofesional e haberá coros infantís para potenciar o desenvolvemento destas aptitudes musicais entre os máis novos.

También te puede interesar