_agenda Agenda

O novo Coro Cidade de Vigo busca voces

Nace como complemento do programa ‘Vigo, un mar de corais’ co que se intenta promover a práctica musical entre os integrantes das diferentes corais da cidade. O novo Coro Cidade de Vigo verá en breve a luz, aínda que polo de agora o que busca son voces. Se queres probar sorte terás ata o 1 de maio para inscribirte nas probas que se celebrarán os días 7 e 8 de maio no Conservatorio Superior de Música.

Joám Trillo, responsable en 1987 da creación da Xove Orquestra de Galicia, será o director dun coro que terá a Teresa Novoa coma profesora de canto e a Preciosa Ucha como presidenta. O Coro estará posto en marcha como moi tarde en outubro e ocupará un espazo «moi distinto» ao que ocupan o resto de coros da cidade, que realizan «un gran labor social».

Estará integrado por membros que poidan cantar as pezas “máis esixentes” da musica clásica, como as de Bach, Beethoven e Stravinski, pero tamén que saiban recuperar aos compositores galegos tanto clásicos como actuais. Os membros poderán adquirir coñecementos técnicos e musicais dentro da organización e os que xa os teñan podereán perfeccionalos.

A idea é partir dun coro de cámara, cun número reducido pero cunha base suficiente para desenvolver o ambicioso programa. O coro será semiprofesional e haberá coros infantís para potenciar o desenvolvemento destas aptitudes musicais entre os máis novos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.