_agenda Agenda

Afeccionados ao teatro dano todo en Tui

O autor da obra, Manuel Varela Buxán.
O autor da obra, Manuel Varela Buxán.

Se che gusta o teatro esta é a oportunidade de desfrutar de 5 boas obras a prezo de crise, apenas un euro. O Teatro Municipal de Tui acolle desde hoxe e ata o venres a II Semana do Teatro Afeccionado, coa que cinco grupos teatrais de distintas asociacións culturais da zona representarán no escenario algunha das mellores obras da historia.

Arranca esta noite (21 horas) coa representación de ‘O cego de Fornelos’ a cargo do grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns. Unha marabillosa obra de Manuel Varela Buxán no que se pintan os comúns e desprezables defectos de moitas sociedades, as que fan esquencer os verdadeiros valores.

As entradas poderán comprarse en taquilla a partires das 19:30 horas. Estarán sen numerar e custarán tan só un euro. Mañá é o turno do grupo ‘Caldemiños’ da Asociación Cultural A Insua de Caldelas, que chegarán con ‘Por borrachíns’.

También te puede interesar