RGPD - Cookies
Deportes Vigo al día

Vigo, Oporto e Nazaré impóñense no 3º Torneo Internacional Cadete de baloncesto

A Selección Precadete de Vigo, campiona da serie A masculina.
A Selección Precadete de Vigo, campiona da serie A masculina.

Tres cidades distintas poden atesorar ser gañadoras do terceiro Torneo Internacional Cadete 2010 ‘Coia, núcleo de baloncesto en Vigo’, organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal de Vigo que se celebrou estos días no pavillón municipal de Balaídos. Na categoría Cadete Masculina serie A o vencedor da xornada foi a Selección Precadete de Vigo, que tivo que enfrontarse a outros cinco equipos para lograr o trofeo (o vigués Izmar Seis do Nadal, o Colexio Agustinos de León, o compostelano Instituto Rosalía de Castro, o luso F.C. Porto e o Básquet Coruña). O F.C. Porto e o Rosalía de Castro conseguiron o segundo e terceiro posto ao límite de tempo.

O F.C. Porto, campión da serie feminina.
O F.C. Porto, campión da serie feminina.

Mentres, na categoría cadete feminina o F.C. Porto proclamouse como conxunto campión ao desfacerse do Seis do Nadal cun apretado 54-64 tras tres periodos de tempo no que as viguesas dominaron no marcador. En terceira posición o G.D.G. Basquetebol de Gafanha de Nazaré. Nesta categoría tamén participaron o Porriño Baloncesto Base, o C.B. Arxil de Pontevedra e o Eduardo Blanco Amor de Ourense.

G.D.G. Basquetebol, campión da serie B masculina.
G.D.G. Basquetebol, campión da serie B masculina.

Na última categoría en disputarse, a masculina serie B, o vencedor volveu ser un equipo portugués, o G.D.G. Basquetebol de Gafanha de Nazaré. O equipo luso xogou a final ante o Colexio Salesianos nun encontro de máxima igualdade ata o final, no que o combinado luso conseguía imporse por 10 puntos de diferencia. O Seis do Nadal Illas Cíes conseguía o terceiro posto ante o C.B. Baiona e Carmelitas Vedruna de Ourense e Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro pelexaron polos últimos postos.

También te puede interesar