Galicia

Trinta cursos de galego para achegar a lingua aos funcionarios

Os cursos de linguaxe administrativa galega que oferta a Secretaría Xeral de Política Lingüística son de carácter gratuíto e contan con entre 20 e 30 prazas cada un. Os horarios nos que se desenvolven os mesmos son de 08:00 horas a 10:00 horas e de 13:00 horas a 15:00 horas.

CursosFomentar o uso e o coñecemento do galego entre os profesionais da Administración é un dos obxectivos prioritarios da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Con este fin, mañá inicia unha nova quenda de cursos. Trátase dun total de quince, de nivel superior, que terán lugar nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Ata o próximo mes de setembro, a secretaría xeral ofertará un total de trinta e tres cursos, de nivel medio e superior, dirixidos ao persoal público da Administración autonómica galega que se sucederán ata o próximo mes de setembro.

Reforzar a preparación dos profesorado colaborador

Para reforzar a preparación do profesorado colaborador que impartirá estes novos cursos de nivel superior, o pasado mes de marzo a Xunta organizou unha taller práctico na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela que incidiu na calidade lingüística dos textos administrativos, na unificación dos criterios acerca dos aspectos formais dos documentos administrativos e tamén no comentario de texto sobre os distintos modelos vivos deste tipo de documentos.

Manuais específicos dispoñibles na rede

Os cursos de linguaxe administrativa galega que oferta a Secretaría Xeral de Política Lingüística son de carácter gratuíto e contan con entre 20 e 30 prazas cada un. Os horarios nos que se desenvolven os mesmos son de 08:00 horas a 10:00 horas e de 13:00 horas a 15:00 horas.

Na páxina web deste departamento,www.xunta.es/linguagalega  están dispoñibles dous manuais específicos de linguaxe administrativa que teñen como fin facilitar o proceso de aprendizaxe da lingua galega que se impulsa a través destes cursos.

 

También te puede interesar