RGPD - Cookies
Galicia

O Xacobeo 2010 chega aos centros comerciais das principais cidades españolas

Nesta campaña, presentada baixo o reclamo “Camino de Santiago, Camino de Galicia, ¿vienes?”, difundiranse os valores da Ruta Xacobea, os acontecementos do Xacobeo 2010 e o destino Galicia nas tendas de deportes e tempo libre de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao ou Zaragoza.

Xacobeo_2010A Consellería de Cultura e Turismo a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, desenvolverá unha campaña de promoción do Camiño de Santiago e o Xacobeo 2010 nas principais cidades españolas para incentivar as viaxes turísticas cara a Galicia a través do Camiño de Santiago e co engado do Xacobeo 2010. Esta campaña comezará o día 12 de abril en Madrid e rematará o día 3 de xullo en Sevilla, pasando por Valencia, Zaragoza, Barcelona e Bilbao. Esta acción de comunicación do destino turístico Galicia nas principais cidades españolas desenvolverase en centros comerciais e terá como escenario os departamentos de deporte e tempo libre.

A través desta campaña, presentada baixo o reclamo “Camino de Santiago, Camino de Galicia, ¿vienes?”, difundiranse os valores da Ruta Xacobea, os acontecementos do Xacobeo 2010 e o destino Galicia nun contorno comercial relacionado directamente coa práctica de actividades ao aire libre. Así, durante 10 días, en centros comerciais de gran afluencia de cada unha das cidades, un equipo de persoas familiarizadas co Camiño de Santiago e o Turismo de Galicia, ofrecerán información sobre a ruta xacobea aos clientes dos apartados de tempo libre dos centros comerciais que participan nesta campaña.

Estes equipos de animadores do Camiño terán como misión convidar aos visitantes interesados en artículos relacionados co tempo libre a facer o Camiño de Santiago á vez que ofrecen toda a información precisa para realizar a ruta. Ademais, os animadores do Camiño difundirán tamén os valores turísticos de Galicia en xeral. As persoas encargadas de promocionar o Camiño de Santiago e Galicia nos centros comerciais recibiron previamente un entrenamento que inclúe a realización da ruta xacobea e formación sobre equipamentos, aprovisionamentos e outros aspectos de interese para os peregrinos.

 

También te puede interesar