Comarcas

O BNG pide que se complete o acceso á Plisan cun vial a Ourense

Cre que o goberno local de Salvaterra non está a facer todo o que puidera para acabar coa falta de acceso e saída dos vehículos procedentes de Ourense e que queran achegarse ata a localidade pola autoestrada que conectará a Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) e a autovía Rías Baixas (A-52). Por iso, o grupo municipal do BNG insta ao alcalde a negociar coa Xunta medidas para completar os accesos do vial.

A adxudicación da execución das obras que levou a cabo a Consellería de Medio Ambiente non prevé o enlace completo coa autovía A-52, según o portavoz do BNG, “xa que non contempla nin a entrada á A-52 en dirección Ourense-Madrid, nin a saída dos vehículos procedentes destas orixes con destino á Plisan. Resulta inconcebible que non se prevea darlle servizo ao tráfico de mercadorías que cheguen ou saian cara a meseta”.

También te puede interesar