Galicia

Duascentas parroquias galegas non sufriron ningún lune nos pasados dez anos

FuegoPreto de 200 parroquias galegas non rexistraron ningún incendio forestal nos últimos dez anos e máis da metade dos lumes concéntranse no 25 por cento do territorio. Así o indican os estudos espazo-temporais da Dirección Xeral de Montes analizados esta semana en Santiago polo Comité Policial Antiincendios.

Este Comité, composto por representantes da Xunta, da Delegación do Goberno, da Fiscalía de Medio Ambiente e dos corpos e forzas de seguridade que operan en Galicia, reuniuse baixo a coordinación do director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto, e co asistencia do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez.

O obxectivo deste encontro de traballo foi determinar as parroquias con alto risco de incendios –analizando os datos dos últimos 10 anos– para seren incluídas nas Zonas de Alto Risco do Plan de Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) 2010.

Na xuntanza acordouse tamén desenvolver unha investigación policial e forestal nas parroquias establecidas como de alto risco, a cargo das forzas e corpos de Seguridade e da Gardería Forestal. Deste xeito, analizarase a existencia ou non de conflitos ou de calquera outra causa que poida provocar incendios, así como potenciais situación de risco. A partir dos resultados desta investigación estudarase a posibilidade de establecer Zonas de especial Vixilancia nos concellos e parroquias máis afectadas polo lume.

Dispostivo

Por outra banda, o Comité Policial Antiincendios abordou os resultados acadados no que vai de ano na loita contra os lumes forestais, así coma o dispositivo posto en funcionamento pola Consellería do Medio Rural. Este dispositivo supuxo o despregue do persoal fixo e fixo discontinuo, reforzado con tres avións de carga en terra, dez helicópteros de extinción da Xunta e dous do Goberno Central.

 

También te puede interesar