Cultura Galicia

Un diccionario galego-latino ou de bioloxía, novos traballos do Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publicará nos vindeiros meses varias obras de investigación sobre o galego, entre as que se atopan un dicionario galego-latino e outro de bioloxía, novos números da colección Cadernos Ramón Piñeiro con epistolarios de Ramón Piñeiro e Ramón Cabanillas e obras sobre literatura medieval galeportuguesa, como un vocabulario trobadoresco.

Este centro, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é o encargado de promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos. E na actualidade centra as súas liñas de investigación en proxectos de lingüística con aplicacións informáticas, estudos de prosa e poesía medieval, recuperación e análise de publicacións literarias, estudos de fraseoloxía ou proxectos de antropoloxía referidos á identidade colectiva.

Entre os últimos traballos que acaba de publicar atópaseCelebración de Uxío Novoneyra (1930-1999)’, unha homenaxe ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas que achega case medio cento de prosas inéditas, ademais doutros documentos como o seu expediente académico, caligrafías, mecanoscritos e textos de autopoética.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.