Galicia

Ás Fraga do Eume só poderás entrar en bus ou bici

Facilitar o acceso a este espacio protexido pero sen danar ao medio ambiente. O aluvión de visitas que se espera nas Fragas do Eume para Semana Santa fará que a Xunta desde mañá e ata o 4 de abril regule a entrada no parque natural a través da zona máis concurrida, o chamado ‘Portal de Caaveiro’.

E nada millor para controlar todo o que entra que pór a disposición do público un servizo de transporte público con microbuses de entre 25 e 33 prazas que funcionarán cada media hora de 10 a 19 horas, agás ao mediodía, e que irán dende o Centro de Recepción dos visitantes onde se repartirán os billetes numerados e regulados.

Só se poderá circular en bicicleta entre o aparcamento da Alameda e a ponte de Santa Cristina, polo que se porá un control de paso atendido por persoal específico e con barreras de acceso para deixar pasar só a aquelas personas que teñan terreos ou bens dentro do parque. Habilitarase un espacio de aparcamento nas Xunqueiras de Arriba e Abaixo con capacidade para 200 plazas para un estacionamento ordeado dos vehículos.

También te puede interesar