_agenda Deportes

A selección galega, ouro por equipos no Open Sánchez Élez de Leganés

A selección galega acadou 10 medallas no Open Sánche Élez de Leganés.
A selección galega acadou 10 medallas no Open Sánche Élez de Leganés.

A Selección Galega de Técnica acadou a medalla de ouro por equipos no Open Sánchez Élez, que se disputou hoxe en Leganés. Os integrantes do conxunto galego obtiveron magníficos resultados, sumando un total de tres ouros, cinco pratas e dous bronces. Con esta actuación, a selección galega inicia con boas sensacións a súa preparación cara ao Campionato de España e o Campionato do Mundo.

Precisamente unha das novas destacadas deste Open foi a medalla de ouro da parella formada por Nerea Alamancos e Samuel Meilán, que comezan a tempada con moita forza e ganas de volver a estar no máis alto do podio. Non en ván o equipo Alamancos-Meilán acadou o máis alto do podio no campionato de España, o segundo lugar no de Europa e terceiros no Mundial.

Este Open, que vai pola XV edición, está dedicado a Chema Sánchez Élez, un taekwondista madrileño, que acadou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl e que faleceu nun accidente de tráfico pouco tempo despois. Os seus ex compañeiros decidiron lembralo con este torneo, que xa conta cun gran prestixio.

Resultados

Dentro da clasificación individual masculina, David Meilán acadou bronce en Senior I, Antonio García ouro en Máster I e Manuel San Martín bronce en Máster II. Mentres, elas conseguiron tres pratas, Lucía Capelo en Junior, Nerea Alamancos en Senior I e Encarna Quintela en Máster II.

Por parellas, Nerea Alamancos e Samuel Meilán arrebatáronlle o ouro aos demais participantes. En tríos ouro para o formado por Antonio García, Oscar Rey e José López e prata para os de Samuel Meilán, David Meilán e Nicolás Domínguez e Laura Bautista, Andrea Otero e Patricia Pérez.

Con este ranking Galicia quedou primeira na categoría por equipos.

También te puede interesar