_agenda Agenda

A historia de Galicia a través dos ollos de Fulano, Mengano e Citano

A compañía de teatro Fulano, Mengano e Citano presentan esta tarde a partir das 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira a súa obra ‘Nunca menos’, incluída na programación de ‘Teatrarte 2010’ posta en marcha pola concellería de Cultura do Concello de Redondela.

Protagonizada por Manuel Pombal, Manuel Botana e Suso Pando, ‘Nunca menos’ fai un percorrido en clave de humor ácido a través da historia de Galicia. Lévanos por todos eses períodos de luz e de sombras, as veces de apagón total, que fixeron de galegos o que hoxe son e  unha viaxe de ida e volta ao alucinante pasado de Galicia do que os libros de historia de España nunca nos quixeron falar.

Trátase dun paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e traidores situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal. ‘Nunca menos’ móstranos uns personaxes na procura da súa identidade. A diferenza está en que desta vez… “por fin é certo!”.

También te puede interesar