Destacados Vigo al minuto

O Concello dará máis de 610.000 euros en becas o vindeiro curso

A crise tamén estase a notar nas aulas. Este ano concedéronse 1.647 axudas para o comedor (39% máis que o curso anterior) e 469 para libros, un 18 por cento máis que no curso pasado. Prevendo que o vindeiro ano as peticións de becas siga subindo incrementarase o orzamento un 14% e repartiranse 610.000 euros.

Se queres solicitar algunha destas axudas, dirixidas a nenos de educación infantil (libros), Primaria e Secundaria (comedor), tes que facelo do 5 ao 16 de abril nas unidades de traballo social de Praza do Rei, Praza da Princesa, Martínez Garrido, Doctor Corbal e Quintela.

A maioría dos solicitantes destas axudas son mulleres cunha familia monoparental e en situación precaria que cobra o subsidio por desemprego ou outra prestación e con un ou dous fillos ao cargo. Outro dos perfís é un matrimonio xoven con dous ou tres fillos ao cargo, inmigrantes, sen ingresos ou traballando en economía sumerxida.

Requisitos

Para optar a estas axudas os solicitantes deberán estar empadroados en Vigo, convivir cos alumnos e estar matriculado nun centro público ou concertado da cidade. Os ingresos deben ser inferiores ao 75% do IPREM, preto de 399 euros.

También te puede interesar