_agenda Agenda

A rede abre portas de par en par en Santiago

Tres días conectado á rede con 1.600 mozos e mozas ao teu redor. A nova edición da Xuventude Galicia Net abre hoxe as súas portas con obradoiros de portas abertas para os que non puideron inscribirse na Lan Party (Local Area Network Party). O maior evento tecnolóxico de Galicia albergará desde hoxe e ata o domingo no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago a centenares de mozos dispostos a non deixar de navegar pola rede e de aprender nin un intre.

Unha das grandes novidades desta undécima edición é a apertura de portas aos obradoiros para que poida participar calquera aínda que non esté inscrito no evento. Deste xeito, a ‘party’ convértese nun espazo para a aprendizaxe, na que o público en xeral poderá acceder a obradoiros centrados en novas metodoloxías e linguaxes de desenrolo, deseño web ou software libre.

Durante os tres días habilitaranse tres zonas de actividades: a intranet, a extranet e os obradoiros. Na intranet colocaranse os usuarios da rede local, que poderán compartir datos a gran velocidade grazas aos 40 kilómetros de cable que permitrán unha conexión de área local de 1 xigabit. Nesta edición, a extranet situaraseno exterior do Palacio de Congresos e Exposicións, e estará cuberta por unha gran carpa de 600 metros cadrados, para evitar que posibles choivas amolen a diversión. As actividades lúdicas realizadas baixo a carpa son de libre acceso e están dirixidas a todos os públicos.

Nos últimos 11 anos a XGN pasou de ser unha mera conexión ultrarápida a internet a un espazo de encontro xuvenil, de formación, de iniciación ao mundo dixital, a aprendizaxe e o intercambio de datos e experiencias. Unha plataforma ideal para dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos e para a potenciación do software libre. Este feito, sitúa a Galicia como unha das comunidades máis implicadas no desenrolo da cultura dixital a nivel estatal.

‘Partys’ en rede

A XGN non é a única ‘party’ que se celebra en Galicia. Existen outras, a nivel rexional, como a ‘Arroutada Party’ da Coruña, a ‘Kutruparty’ na Estrada, a ‘Arousa Party’ en Vilanova ou a ‘Ludus Party’ de Lugo, entre outras. Un dos obxectivos da XGN éconseguir crear unha rede de ‘partys’ galegas co que se daría unha formación continua nas novas tecnoloxías dos galegos e se conseguiría pór a Galicia nos primeiros postos a nivel nacional.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.