Destacados Vigo al minuto

Feijóo anuncia en Vigo un Plan de 120 millóns para a automoción

 

Feijóo/Tresyuno ComunicaciónO presidente da Xunta destacou hoxe, na súa intervención durante a clausura da asemblea do Clúster da Automoción, a importancia que o novo Plan Integral Re-Móvete Automoción terá sobre este sector. Así, sinalou que o mesmo, “irá acompañado dun orzamento específico e que suporá un investimento de 120 millóns de euros. Feijóo recalcó que “este programa pretende pasar das medidas puntuais e illadas a ofrecer un conxunto de medidas para a totalidade do sector”, garantindo o “máximo apoio á conservación dos empregos e ao crecemento”.

Para ilo, o plan contará con cinco liñas básicas de actuación. Neste sentido, Feijóo resaltou, en primeiro lugar, que o programa “atenderá ao sector da fabricación”, apoiando “ás plantas ensambladoras” cunha dotación económica que oscilará entre os “35 e os 40 millóns de euros”. Estas achegas estarán vinculadas compromiso por parte das empresas “co desenvolvemento de novos modelos e coa realización dun plan industrial que garanta a súa estabilidade e a conservación do emprego no medio prazo”.

En segundo lugar, Núñez Feijóo apuntou que o seu goberno “seguirá apoiando á industria auxiliar de compoñentes”, impulsando á innovación e o desenvolvemento de novos investimentos cunha dotación de 60 millóns de euros. Non obstante, puntualizou, “esta dotación orzamentaria poderá ampliarse en función das necesidades de adaptacións industriais á planta PSA, como consecuencia do desenvolvemento de liñas de produción”.

Unha compensación á subida do IVE

Así mesmo, o plan permitirá seguir apoiando á comercialización, cunha achega inicial de seis millóns “para axudas á compra de vehículos coa finalidade de compensar o efecto negativo que causará a subida do IVE sobre as ventas”.

O cuarto piar, proseguiu Feijóo, potenciará a busca de “solucións de mobilidade sostible para lograr unha maior eficiencia enerxética”.Poñemos en marcha axudas para a compra de vehículos eléctricos e híbridos, que alcanzarán ata o 15% do prezo do vehículo novo, e ata 7.000 euros no caso de vehículos eléctricos”, incidiu.

Neste mesmo campo, o presidente galego adiantou que xa está preparado “o borrador do regulamento das especificacións técnicas das infraestruturas de recarga dos vehículos eléctricos así como a regulación da actividade de recarga na Comunidade”, ao tempo que se está a promover a constitución dun “acordo, integrado polas principais operadoras e a FEGAMP, para a implantación de 7 estacións demostrativas da mobilidade eléctrica en Galicia”.

Por último, a quinta liña de actuación basearase no apoio ao Clúster da Automoción co anticipo de “ata o 80% dos importes das achegas ás empresas sen necesidade algunha de garantías ou aval”.

A importancia do sector

Todas estas actuacións pretenden reforzar a situación dun sector que, como lembrou o presidente da Xunta, emprega de forma directa ou indirecta a preto de 40.000 galegos”, o que supón en torno ao 14% do emprego industrial, e induce en torno a 9.000 empregos máis.

 

As empresas galegas do sector da automoción –proseguiu- facturan 8.400 millóns de euros”, cifra que equivale ao 14% do Produto Interior Bruto galego. E engadiu: “Galicia aporta máis do 17% da produción española de vehículos, sendo a segunda do Estado con maior peso produtivo, namentres que o sector de automoción encabeza as exportacións galegas”.

 

 

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.