Cultura Destacados

Solidariedade e lectura consiguen máis de 7.300 euros para Haití

M. del RíoSolidariedade e lectura, ambas da man, foron quen de recadar en pouco máis dunha semana 7.339,84 euros para axudar a Haití grazas ao impulso, ao empeño e á dedicación do persoal da Biblioteca Universitaria. Baixo o lema ‘Hai algo en ti que podes compartir’, a campaña de ‘Libros por Haití’ afanouse en recoller exemplares entre a comunidade universitaria para poder montar postos de venta con todos libros a 4 euros para axudar a reconstruír Haití tralo terremoto de xaneiro.

Novelas, poesía, dicionarios, bet sellers e moita literatura infantil fixeron posible que dende o 10 de marzo recaudar unha cifra moito máis alta do esperado. Os postos situáronse no Centro Comercial da Cidade Universitaria, na Facultade de Filoloxía e Tradución, no edificio anexo de Torrecedeira, no Edificio de Ciencias e na propia Biblioteca Central e os cartos xa foron ingresados na conta da Cruz Vermella para axudar a Haití. Deste montante total, arredor de 800 euros foron doazóns desinteresadas nos petos que se instalaron nos postos para aqueles que non quixeran mercar libros e, o restante, grazas aos máis de 1.600 libros vendidos.

mercadillo-infantilwebTanto se superaron as expectativas, que no derradeiro día de marcadillo, aos postos seguían chegando libros que eran mercados ao instante. O éxito da iniciativa requiriu incluso aumentar as datos do mercadillo e a organización decidiu abrir 3 postos máis que non estaban previstos, algo para o que a presenza en redes sociais como Facebook ou Twitter foi decisivo.

Con todo, quedaron algúns exemplares por vender para os que agora están buscando novo fogar. A literatura infantil enviarase á gardería da cárcere de Teixeiro e o resto repartirase entre a Fundación Arela, que traballa con nenos e mozos en risco de exclusión social, e a cárcere de A Lama.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.