Deportes Vigo al minuto

Soledad Castro e Hassan Lekhili, gañadores da ‘Carreira 10km Cidade Universitaria’

O atleta marroquí Hassan Lekhili.
O atleta marroquí Hassan Lekhili.

Mª del Carmen Echevarría/ Non houbo sorpresas. A atleta do Comesaña Sporting Club, Soledad Castro, e o corredor do Club Ourense Atletismo Academia Postal, Hassan Lekhili, foron os gañadores da IV edición da ‘Carreira 10km Cidade Universitaria’ celebrada o domingo.

Cun tempo de 36:44, Castro proclamouse gañadora na categoría feminina, na que a canguesa María Jesús Gestido a doce segundos de Castro e Marta Fernández Otero cun tempo de 38:26, foron a segunda e terceira clasificadas, respectivamente. Na categoría masculina o corredor de orixe marroquí Hassan Lekhili foi o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 31:03, seguido do lituano Robertas Geralavicius con 31:14 e do brasileiro Juan Pablo Fernández que acadou un tempo de 31:18.

Con 675 inscritos, dos que preto de 600 completaron a carreira, a edición 2010 da carreira universitaria foi a que contou cunha participación máis elevada ata o momento tanto de atletas profesionais como afeccionados. A carreira, que se desenvolveu sen incidencias, comezou tras un minuto de silencio e un aplauso en memoria do veterano atleta galego recentemente falecido Julián Bernal.

Acompañados por unhas condicións meteorolóxicas moi favorables, os corredores completaron os 10 quilómetros da carreira dando tres voltas a un circuíto que transcorreu polos vieiros inferiores do campus e o acceso á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil. A proba finalizou coa entrega de premios aos primeiros clasificados, así como dos galardóns do sorteo realizado polo Servizo de Deportes e os premios especiais aos corredores clasificados nos postos 100, 200, 300, 400 e 500.

carrera10km

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.