_agenda Agenda

En tempos de crise, mellor durmir cun ollo aberto

Un dos cadros da mostra.
Un dos cadros da mostra.

A Casa da Xuventude deleitanos cunha nova exposición nas súas salas. Ata o 26 de marzo, Yago Puentes enche as paredes do centro con as obras de ‘Cun ollo aberto’, unha mostra que reflicte a pouca confianza que existe nos tempos que vivimos polos problemas económicos, persoais, amorosos…

Cadros cunha anatomía bruta e torpe, fóra de límites reais, acompañada case sempre por unha tendencia denominada ‘monoculismo’ que nos esconde na maioría dos casos a presenza dun dos ollos, o artista intenta agocharse da dura realidade cunha visión surrealista con mulleres fóra dos cánones de beleza, con retratos surrealistas interpretados, con personaxes inventados.

Como di o propio artista, “por iso, nestes tempos, é mellor vivir, durmir e morrer cun ollo aberto”.

También te puede interesar