Cultura Destacados

Pasiño a pasiño para ver ao Apóstolo

Se queres facer o Camiño de Santiago pero non teñes quen te acompañe, o concello de Vigo creou para ti un grupo de camiñantes que tamén farán camiño ao andar.

Ata o 26 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o programa Camiño de Santiago, no que farase a ruta portuguesa en tres fins de semanas (11 e 12 de abril, 17 e 18 e 23 e 24 de abril). Poderá facerse chamando ao 010, un servicio de atención telefónica gratuito, onde tamén darán información sobre os requisitos, a reunión informativa previa, horarios, recomendacións…

Unha parte do transporte está subvencionada por RENFE e outra pola propia Concellería. Se queres participar terás que abonar 23,95 euros na conta que indique o servizo 010 para tramitar o pago a RENFE da porcentaxe non subvencionada, e que inclúe o transporte de ida e volta en tren e traslados en autobuses dende os inicios e finais de traxectos.

As etapas que se farán son Vigo-Redondela, Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis, Caldas de Reis-Padrón e Padrón-Santiago de Compostela. Os participantes deberán levar unha mochila cos seus enseres persoais para o traxecto e pernocta polo camiño (en polideportivos de Redondela, Caldas de Reis, Santiago de Compostela); ademáis de comida para a súa manutención durante o programa.

También te puede interesar