Galicia

Mexilón solidario repartiu xa máis de 5 toneladas deste molusco en 25 comedores sociais de Galicia

mexilónA campaña de reparto gratuíto de mexillón, Mexillón Solidario leva distribuídos dende, o seu inicio,hai tres meses, máis de 5 toneladas deste molusco en comedores e cociñas económicas de toda Galicia.

Grazas a esta iniciativa repartiranse arredor de 12 toneladas de mexillón de calidade entre 25 comedores sociais e cociñas económicas de toda a comunidade. Esta cantidade permitirá servir preto de 24.000 comidas ata o mes de xuño, o inicialmente previsto para realizar todo o reparto, xa que non se descarta a prolongación desta proposta, en función da demanda dos establecementos e a dispoñibilidade das entidades. Neste sentido, os organizadores destacan que dende que comezou o reparto gratuíto a aceptación nos centros está a ser moi boa.

Concretamente, nesta campaña de distribución participan 9 asociacións e confederacións de produtores de mexillón e a asociación de depuradores AGADE. Esta última é a encargada de coordinar o abastecemento ás depuradoras así como a entrega das partidas de mexillón aos centros benéficos.

O proceso de distribución consta de diferentes fases. Primeiro as organizacións de produtores suministran ás depuradoras o produto que tras ser sometido a un proceso de depuración, etiquétase e envásase para transportalo ás plataformas de distibución onde, na maioría dos casos, o produto é recollido por persoal dos comedores sociais e as cociñas económicas.

 

You may also like