_agenda Agenda

Libera os teus medos en Redondela

kvetchImaxina por un intre que podes expresar en alto todo o que pensas sen que os que te rodean poidan escoitarte. ¿Imaxina cantas sesións de diván na consulta do psicoanalista aforraría? Se queres comprobalo, Teatro do Morcego invítate a ver esta tarde (20 h) ‘Kvetch, unha comedia americana sobre a ansiedade’.

Dentro do ciclo Teatrarte e no Multiusos da Xunqueira de Redondela, a compañía danos a opción de desfrutar de unha obra de Steven Berkoff sobre os medos e ansiedades da sociedade de hoxe en día. Un espectáculo impúdico, xubiloso, devastador e feroz sobre os medos, frustracións e o estres diarios que sufrimos.

También te puede interesar