Vigo al día

O BNG levará o desacordo sobre a construcción da Depuradora ao Congreso

 

 

EDARA deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, ven de presentar no Congreso dos Deputados unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno se non considera unha irresponsabilidade que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e a Xunta de Galicia aínda non se teñan posto de acordo sobre a nova depuradora de Vigo.

 Davila advirte de que “esta infraestrutura é vital para a cidade e a Ría de Vigo” polo que consideraunha irresponsabilidade e unha frivolidade que non se poida construír debido aos continuos desencontros e disputas entre o Ministerio e a Xunta de Galicia”.

A deputada nacionalista lembra que, segundo unha reposta do Ministerio a unha iniciativa do BNG no Congreso, “o proxecto e a obra da nova EDAR de Vigo faríanse no segundo semestre de 2009 e estaría finalizada en decembro de 2012”.

Sen embargo –denuncia Davila- nada se fixo polo continuo rifi-rafe entre as dúas administracións e as partidas orzamentarias para esta obra corren o risco de perderse se non hai acordo nas próximas semanas”.

Disputas que agochan a falta de vontade política para acometer esta infraestrutura

 Ante esta situación, demándalle ao Goberno que explique as razóns polas que o Ministerio de Medio Ambiente non chegou a un acordo coa Xunta e pregúntalle se non considera unha falta de respecto á cidadanía e unha irresponsabilidade as continuas disputas entre as dúas administracións públicas en torno a esta infraestrutura. 

Por último, Olaia Fernández Davila lémbralle ao Goberno que este é un proxecto vital para a cidade e a  Ría de Vigo e que se non se licita este ano terase que facer fronte a unha sanción millonaria.  Fernández Davila  denuncia que “os cidadáns e cidadás non se merecen este espectáculo, que pon de manifesto a falta de vontade política tanto da Xunta como do Goberno Central para acometer esta infraestrutura”. A nacionalista critica esta “irresponsabilidade que, ademais de supor a perda dun importantísimo investimento para Vigo, significará que de non licitarse a nova EDAR neste ano, se teña que pagar con cargo ao erario público unha sanción de 20 millóns de euros á Unión Europea”.

 

También te puede interesar