Vigo al día

Ireland and United Kingdom by the face

 

Os participantes no programa de inglés de 2009, en Peinador, antes de voar ás Illas Británicas
Os participantes no programa de inglés de 2009, en Peinador, antes de voar ás Illas Británicas

A Concellería de Educación ven de duplicar o número de prazas para a participación dos alumnos da cidade no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILIVIGO 2010). En total serán 250 prazas, fronte as 125 do pasado ano.

Na convocatoria aprobada estipúlase que se adxudicarán 250 prazas en réxime de concorrencia competitiva, entre o alumnado de 3º curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria) de centros docentes sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo para o curso 2009/2010. Como novedade, o alumnado dos centros concertados do municipio, poderán acceder ás prazas que queden dispoñibles, logo de adxudicalas preferentemente entre os estudantes da rede pública.  , para as que ábrese o prazo o vindeiro 22 de marzo.

As becas contemplan estadías de tres semanas en Irlanda ou o Reino Unido en réxime de inmersión lingüística. As viaxes teñen previsto comenzar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro.

 A participación no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario do mesmo. De feito as prazas inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade.

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, que cumpran requisitos como estar en 3º da ESO, que teñan todas as materias aprobadas no curso pasado e ter unha nota mínima de 6 en Lingua inglesa nas calificacións finais de 2º da ESO. É necesario tamén estar empadronado no Concello de Vigo e non ter sido benficiario do PILIVIGO 2009.

Os interesados poden consultar as referidas bases na páxina web do programa onde disporán da información necesaria para a presentación da solicitude de participación. A documentación para a tramitación de solicitudes deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ben directamente, ben polos procedementos legalmente establecidos. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de marzo ata o 16 de abril, ambos inclusive.

 Máis información nos teléfonos 986 449 362 e 447 400.

También te puede interesar