_agenda Agenda

Enxaulados de mil formas co ‘Alt.10’

O Festival Alternativo de Artes Escénicas de Vigo comeza a súa recta final. Esta tarde (20 h) no Marco a compañía vasco-inglesa Sleepwalk Collective representará ‘As the flames rose we danced to the sirens, the sirens’, unha performance de 55 minutos nos que Iara busca un lugar cheo de estraños para refuxiarte, un conxuro que a libere da morte, polo que esta noite ponse nas máns do público.

A compañía naceu en Londres fai catro anos e o seu traballo está baseado na fascinación que teñen os seus membros polas performance como evento real, que ocorre nun espazo e tempo determinados e que explora cuestións da ficción e da realidade. Este traballo emerxe de prácticas artísticas contemporáneas, do clásico avant garde.

Pouco máis tarde, ás 21:30 horas, a compañía vasca Ertza levará á Casa das Artes ‘Zoo (bestias trajeadas)’, unha obra que nos dá a oportunidade de observar a un grupo de seres humanos expostos nun espazo reducido coma se formasen parte dun experimento no que dende a súa situación protexida o público é un ‘voyeur’ da súa vida cotiá. Teremos o privilexio de ver as reaccións máis salvaxes destes “animais”. Ver sen ser vistos. Pero este privilexio ten un prezo: verse identificado nas súas accións.

También te puede interesar