Vigo al minuto

O Progreso pasará a ser un ‘super mercado’

 

Infografía del aspecto que tendrá el nuevo Mercado de O Progreso
Infografía del aspecto que tendrá el nuevo Mercado de O Progreso

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, anunciou hoxe a reforma integral do mercado e a praza de O Progreso, que ten un orzamento de 2,5 millóns de euros e un prazo de execución de un ano a partir da apertura do mercado provisorio na praza superior. Na presentación do proxecto, Santiago Domínguez asegurou que ademais de mellorar as instalacións, a remodelación ten o obxectivo de «conseguir que o mercado se convirta nun elemento dinamizador do barrio e do contorno comercial».

«O mercado do Progreso é un mercado emblemático, que viña reclamando unha actuación integral dende hai moito tempo», afirmou o tenente de alcalde. Asegurou que a remodelación responde á demanda dos propios comerciantes «que pedían a revitalización de todo o contorno«. Segundo sinalou, a falta de investimento e mantemento «fixo que hoxe teñamos un mercado deteriorado».

Domínguez explicou que o proxecto de reforma do mercado de O Progreso inclúe unha reforma integral tanto do mercado como da praza superior coa «reorganización dos diferentes usos«. A remodelación afecta a unha superficie construída de 7.705 metros cuadrados. Os andares -2 e -1 serán destinados a aparcamento, cun total de 80 prazas, e a zonas de carga e descarga.

Na baixa concentrarase o mercado, con 65 postos, maioritariamente de alimentación. Santiago Domínguez indicou que o proxecto tamén inclúe un espazo de información e, como novidade, unha consigna na que os usuarios e usuarias facer pedidos para os envíos a domicilio. Haberá tamén vestiarios para os traballadores e traballadoras. «Todo elo integrado nun aspecto moderno e que permitirá a máxima comodidade», destacou.

O primeiro andar estará reservado ao supermercado, que segundo salientou Santi Domínguez, será un elemento fundamental «na dinamización e na creación do referente comercial». Neste sentido explicou que nos vindeiros meses se fará a correspondente concesión. Respecto á praza, destacou que se fará unha reforma total e que incluirá cafetería e algún outro establecemento de restauración, con acceso directo dende o mercado. «Serán unhas instalacións totalmente integradas», comentou ao respecto.

«Non haberá parón na actividade comercial do mercado», salientou o tenente de acalde. En resposta aos medios indicou que a primeira fase das obras xa se ten realizado, co inición do reforzamento da base do mercado. Esta actuación permitirá que en tres meses se traslade á praza superior o mercado provisorio, onde continuará funcionando mentras se executen as obras de reforma interior

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.